- Versión
- Descargar 335
- Tamaño del archivo 66.98 KB
- Recuento de archivos 1
- Fecha de creación 27 de septiembre de 2022
- Última actualización 27 de septiembre de 2022
Convenio Concello de O Pereiro de Aguiar – Roteiro dos Muiños
SINATURA CONVENIO RUTA DOS MUIÑOS
Este ano o Comunal da Chaira, como sempre lle chamaron nos pobos ós que lle pertence, fai 40 anos da súa constitución: o 28/02/1977 o Xurado Provincial de Montes, daquela dependente do Goberno Civil, autorizou a constitución como Monte Veciñal en Man Común.
Os pobos de: O Vilar, O Pereiro de Alén, Cortiñas, Cebreiros, Boeiros, Outeiro, Caspiñón, Casmartiño, Santa Marta de Moreiras e A Derrasa constitúen a propiedade en Man Común.
Daquela veciñas e veciños foron animados, polo “garda da Chaira” o Sr. José Martínez Vieira (DEP) e o cura da parroquia de Santa Marta o “Don Cesáreo”, entre outros máis anónimos, a constituir o “Comunal” para o aproveitamento da veciñanza en réxime de propiedade coletiva. Aínda non chegara a Democracia.
O comunal da Chaira permite ter ordeado o monte e reducir o risco de incendios, está dispoñible para aproveitamentos, coma o forestal e para o gozo de tódalas persoas que o percorren.
Grazas a esa etapa inicial, as persoas residentes do Concello beneficiáronse, directa ou indirectamente, pola cesión de terreos para a construcción do CEIP BEN CHO SHEY e o Pabillón Deportivo Municipal, traídas de auga para os pobos ou para facer estradas .
Despois, nos anos “90 cedéronse terreos para o que hoxe é o Paseo e Área Recreativa da Presa de Cachamuiña.
Seguindo esta liña de colaboración e servizo para a veciñanza de todo o Concello, o ano pasado a Asamblea Xeral do Monte Comunal A Chaira decidiu colaborar unha vez máis permitindo o acceso da Ruta dos Muíños a través dos seus terreos, e a cesión a 30 anos do aparcadoiro que se instalará ao pé da “Estrada da Grovia”.
Dende a Directiva do Monte Comunal da Chaira, manifestan a súa total disposición a colaborar, sempre que se vexan beneficiados os pobos do Comunal e as xentes que a diario residen ou visitan o noso Concello. Porque esa é a verdadeira intención dun Monte Veciñal en Man Común: poñer en valor o territorio, xerar beneficios para veciños e veciñas.
Attached Files
Archivo | Acción |
---|---|
CONVENIO-ENTRE-CONCELLO-DE-PEREIRO-DE-AGUIAR-E-A-CMVMC-MONTE-CHAIRAS-PARA-A-AMPLIACIÓN-DA-RUTA-DO-LOÑA-II.pdf | Descargar |