Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de “A Chaira”
A Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de “A Chaira”, pertence á Comunidade de Veciños/as dos seguintes pobos: A Derrasa, (parroquia de San Xoán de Moreiras); Santa Marta, Casmartiño, Caspiñón, Outeiro e Boeiros (parroquia de Santa Marta de Moreiras); Cortiñas, O Pereiro de Alén e Vilar (parroquia de San Salvador de Prexigueiró) e Cebreiros (parroquia de San Cibrao de Covas). No municipio do Pereiro de Aguiar.
Foi clasificado como monte comunal polo Xurado Provincial de Montes da provincia de Ourense, con data 28-02-1977.
E dende esa data a súa propiedade voltou a ser dos comuneiros e comuneiras dos 10 pobos que demostraron ter pagado a contribución polo monte dende final do S.XIX
Actualmente o comunal ten unha superficie actual de 228.98 Ha.
A Chaira
Atopa toda a información sobre o Monte Comunal da Chaira nun mesmo lugar: Historia do noso monte, Mapas, Fotografías e todas as actas de outra documentación dispoñible para a súa descarga…
Colabora co monte Comunal A Chaira
Tes información ou documentación relacionada coa fundación do comunal, a súa historia, ou actas das primeiras xuntas directivas?
Agradeceríamos que colaboraras connosco para reunir toda a información posible sobre o noso comunal.
Podes enviarnos as actas e outra información relevante ao seguinte correo: