Mapas do monte comunal da chaira
Atopa e sitúa o monte comunal da Chaira.
Neste espazo atoparás mapas da contorna do comunal así como dos pobos que o conforman
Plano do perímetro do Comunal
- ESCALA ➞ 1:10000

- Límite do "Monte Chaira" según o Plan de Ordenación de 2005
- Límite de recinto de parcelas SIXPAC 2020. Ortofoto PNOA 2020
Axúdanos a coñecer mellor o noso comunal!
Agradecemos a túa participación.
Dende o Comunal da Chaira, procuramos recuperar os distintos nomes que recibían as diferentes partes nas que se divide o noso monte.
Os nomes dos lugares, topónimos, fálannos da súa historia, da súa xeografía e dos usos que lle daba a xente. É unha forma de coñecer o noso entorno e recuperar a memoria dos lugares, deste xeito, atopamos nomes coñecidos coma: Alto da Virla, Tapada Vella, Veiga de Vide, O Cancelón, Os Vilares, Vilameá, As Antas, etc…
Cal nos propós ti?
Cubre o seguinte formulario indicando na cuadrícula do mapa, e o lado do cadrado se é necesario (arriba-abaixo, esquerda-dereita), xunto co nome que coñeces para ese lugar do monte.
Deste xeito recuperaremos a micro-toponimia dos distintos lugares que forman o Monte Comunal da Chaira (ou Montes Chairas 😉).