Situación
Coñece as lindes e os pobos
nos que se atopa o Comunal A Chaira
Ao pé do monte atopamos “A Chaira” ou “As Chairas” (hai quen lle chama monte chairas).
Dende Faramontaos ata As Dornas vemos unha chaira que chega ata o noso monte e o “Cruceiro de Vales”, continúa polo Carpazal diante de Cebreiros ata Loñoá. Un pouco máis abaixo, seguindo o Loña temos outro terreo chairo, dende Boeiros-Santa Marta de Moreiras e precorre todo o val do río Loña, o rio Gruña, o regato da Medorra, e atravesa toda a zona do Polígono ata chegar a Calvos e o Alto do Cumial, no veciño San Cibrao das Viñas.
A forma do noso monte está moldeada polo val do ría Loña, descende dende o Leste pola parroquia de San Cibrao de Covas e a parroquia de Santa Marta de Moreiras, e baixa facendo un meandro ata Os Gozos, provocando unha fenda no terreo que dá orixe ao topónimo “A Grovia” e que logo volta cara o norte polo Vilar e Cachamuíña.
Colabora co monte Comunal A Chaira
Tes información ou documentación relacionada coa fundación do comunal, a súa historia, ou actas das primeiras xuntas directivas?
Agradeceríamos que colaboraras connosco para reunir toda a información posible sobre o noso comunal.
Podes enviarnos as actas e outra información relevante ao seguinte correo:
Pobos e Lindes
A Chaira foi clasificada como monte comunal polo Xurado Provincial de Montes da provincia de Ourense, con data 28 de Febreiro do ano 1977.
E dende esa data a súa propiedade voltou a ser dos comuneiros e comuneiras dos 10 pobos que demostraron ter pagado a contribución polo monte dende final do S.XIX
Actualmente o comunal ten unha superficie actual de 228.98 hectáreas e presenta os seguintes lindeiros:
Norte
Estrada da Grovia (Ou-0508), Estrada Cortiñas-Loñoá das Olas (Ou-0510) e propiedades particulares
Este
Camiño Boeiros – Cebreiros, Camiño do Cancelón ata o camiño da Ponte do Marán e propiedades particulares
Sur
Camiño da Tapada de Vide ata os Netos e propiedades particulares
Oeste
Estrada Autonómica C-536, Río Loña – Encoro de Cachamuiña, propiedades particulares e estrada da Grovia (Ou-0508).
Outro dos atractivos do noso monte, son os petróglifos, testemuñas mudas, do paso do ser humano dende o más antigo por estas terras. E que demostra que dende sempre, foi un lugar atractivo para vivir.
Usos do Comunal
Ao longo do século XX, ata final dos anos setenta, o aprobeitamento foi de uso tradicional: agrario e gandeiro por parte dos comuneiros e tamén canteiras explotadas de forma profesional con licencias publicas da administración da época.
Agora na actualidade conviven moitos aprobeitamentos dos que gozan moita xente, comuneiros de seu e tamén de fóra do comunal. Dende os anos setenta é habitual ver grupos de camiñantes, bicicletas, motos e nos últimos anos cabalos, polos carreiros e pistas forestais do monte.
Lecer para disfrutar das vistas e paisaxes, facer comidas e merendas…
Tamé ten un claro uso deportivo: atletismo, ciclismo, e tamén escala nos últimos tempos.
A caza, é outra actividade de sempre, tradicional, de difícil convivencia cos usos actuais, pero sinónimo da perviviencia da vida salvaxe. A Chaira, segundo a hora, é un vo observatorio de fauna e flora.
A principal actividade que desenvolvemos segue a ser a forestal e silvícola.
Xa non se roza a man, nin se serran os troncos a man, e os carros xa non cantan cando baixan para os pobos, agora faise todo con máquinas, pero o Monte segue vivo!